Sunday 12 de May de 2024

A Coruña celebra o día sen coches en San Andrés con deporte, música e obradoiros


A Friday Mobility Night pecha a Semana Europea da Mobilidade 2023 cunha nova edición chea de color

A Coruña celebra hoxe o día sen coches en San Andrés con actividades deportivas, musicais e obradoiros para nenos e nenas. A xornada enmárcase na celebración da Semana Europea da Mobilidade 2023 que ten como obxectivo concienciar á cidadanía sobre a da mobilidade sostible e que remata esta noite ás 21.30 horas cunha nova edición ‘colorful’ da Friday Mobilty Night dende María Pita.

A rúa San Andrés pechouse ao tráfico esta tarde, dende as 16.00 ás 20.00 horas, para a celebración das actividades entre as que destacaron o circuíto de habilitades da DGT ou o taller de chapas de Stop Accidentes. Tamén houbo espazo para a música tradicional coa actuación da Asociación Cultural Donaire e para a práctica deportiva da man de diferentes asociacións da cidade como o Club de Atletismo de Riazor, a Asociación de Montañeiros Indepententes AMI ou o Club de Esgrima 100 Tolos de Zalaeta.

A concelleira de Innovación, Mobilidade e Infraestruturas, Nereida Canosa, puxo as actividades celebradas durante a tarde como exemplo do cambio no modelo de cidade. “Xornadas como a de hoxe permítennos vislumbrar os beneficios que ten para a cidade a recuperación do espazo público para as persoas, outorgándolle unha nova vida”.